Alimentación saudable en Vegalsa-Eroski

OS MÁIS FRESCOS

As nosas tendas están especializadas na venda de produtos frescos. Nas nosas seccións de Froitaría, Carnizaría e Peixería, atoparás atención personalizada e a maior oferta de alimentos frescos de primeira calidade. Alimentos imprescindibles para seguir unha dieta saudable, debido a que manteñen intactas as súas múltiples propiedades nutricionais e, por suposto, todo o seu sabor.

ALIMENTA A TUA SAUDE

En Galicia contamos cunha dieta moi nosa, a Dieta Atlántica. Nas nosas tendas atoparás todos os produtos que necesitas para seguir un estilo de alimentación e de vida baseado na calidade e as propiedades dos mellores produtos galegos do mercado, onde os grandes protagonistas son peixes e mariscos, cereais, patacas, legumes e unha gran variedade de froitas, verduras e lácteos.

COMER SAN, VIVIR MELLOR

Unha boa alimentación é a base dunha vida sa, pero hai máis cousas que podes facer para complementar a túa dieta e coidar da túa saúde, como, por exemplo, consumir moita froita e verdura, controlar o sal, beber moita auga e reducir o consumo de bebidas azucradas, comer máis pescado, non fumar, controlar o teu peso, camiñar a diario, practicar algún deporte e descansar o suficiente.

PRODUCTO LOCAL E DE TEMPADA

En Vegalsa-Eroski apostamos polo produto local e por iso traballamos con máis de 900 provedores locais que garanten a orixe e a calidade dos alimentos que atopas nas nosas tendas. Máis do 44 % dos produtos que ofrecemos nos nosos lineais son de orixe local.

Lembra que os produtos de proximidade e de tempada, ademais de manter as súas propiedades nutritivas, conservan todo o seu sabor e a súa textura. Ademais, son máis baratos e ecolóxicos, ao reducir as emisións de CO2 derivadas do seu transporte e almacenaxe.

 

INFORMACIÓN NUTRICIONAL

Desde o ano 2007, todos os produtos de marca Eroski contan na súa etiquetaxe cun sistema de información nutricional detallada. Trátase do noso Semáforo Nutricional, que permite coñecer, dun só golpe de vista, o contido de calorías e nutrientes de cada produto.

Ademais, desde 2019, contas cunha nova ferramenta, chamada Nutri- score, recoñecida polo Ministerio de Sanidade como o sistema oficial de información nutricional, e que tamén incorporamos a todos os produtos de marca propia.