innovación e medio ambiente en vegalsa-eroski

TENDAS QUE PENSAN EN TI

As nosas tendas incorporan a última tecnoloxía para ofrecerche unha experiencia de compra máis cómoda e segura. Espazos amplos e mellor distribuídos, equipamentos máis eficientes e confortables e unha gran selección de produtos frescos e de proximidade.

SOMOS SUSTENTABLES

Reducir o impacto ambiental que produce a nosa actividade é un obxectivo primordial para nós. A innovación constante dos nosos sistemas loxísticos e de almacenamento e distribución axúdannos a seguir crecendo en seguridade e respecto polo  medio, reducindo as nosas emisións de CO2 e garantindo en todo momento a cadea de frío.

ECONOMÍA CIRCULAR

En Vegalsa-Eroski temos sempre presente a chamada norma das 3R: reducir, reutilizar e reciclar. Cada ano reducimos o noso consumo enerxético e grazas ao noso programa de economía circular,  “Residuo Cero”, autoxestionamos os residuos que xeramos, entregando os produtos que deixan de ser aptos para o consumo a empresas especializadas na súa transformación para outros usos. Ademais, todos os produtos aptos para o consumo que retiramos da canle de venda, doámolos directamente a entidades sociais de recollida de alimentos.

SE É ONLINE É FRESCO

A nosa tenda eroski.es continúa medrando e ofrecendo un servizo cada vez máis cómodo e eficiente aos nosos clientes. Contamos con máis de 8.000 referencias e 35 centros preparadores de pedidos, e damos especial relevancia ao produto fresco e local, que chega á túa casa nas mellores condicións de calidade e frescura.

RECICLAR É O PRIMEIRO

O primeiro que atopas ao chegar ás nosas tendas son os nosos puntos limpos con contedores para a reciclaxe de roupa, pilas, lámpadas e aceite usado. Coa reciclaxe de roupa, ademais, transformamos a roupa en doazóns económicas para proxectos sociais, en colaboración con entidades sociais como INS3RTEGA, Humana Fundación Pueblo para Pueblo e Equus Cebra.

ECOEFICIENCIA

En Vegalsa-Eroski, a innovación e o coidado do medio, van da man. Nos últimos anos, grazas á innovación nas nosas tendas, conseguimos reducir a nosa pegada de carbono e o consumo enerxético ata nun 35%.

A COMPRA MÁIS CÓMODA E RÁPIDA

Co noso servizo Click&Collect, podes facer o teu pedido online e pasar a recollelo a partir das dúas horas seguintes á súa realización, sen ningún custo adicional. Ademais, nalgúns dos nosos establecementos dispós do servizo Click& Drive, para recoller a compra directamente no coche. Podes pedir información na túa tenda sobre estes servizos.

DEVÓLVELLE A COR Á NATUREZA

Do 17 de outubro ao 14 de novembro, os peques da casa (de entre 4 e 12 anos) poden demostrar as súas dotes artísticas, e o seu compromiso co medio, participando no noso concurso de debuxo “Devólvelle a cor á natureza”. Poden gañar unha das dez bicicletas que temos reservadas para os premiados.