A solidariedade en Vegalsa-Eroski

Campaña valores: Solidariedade

A Solidariedade é un dos valores fundamentais da nosa compañía. Estamos atentos aos problemas sociais e tratamos de contribuír á mellora social e económica das rexións onde temos presenza. Doazóns económicas e de produto, campañas solidarias, recollidas de roupa e de alimentos, colaboracións con diversas oenegués e entidades sociais, organización e patrocinio de iniciativas sociais… A solidariedade está no noso ADN!

Tendas con alma solidaria

En todas as nosas tendas atoparás contedores onde depositar a roupa que xa non utilices e que, a través das oenegués coas que colaboramos, poderá chegar a aquelas persoas que máis o necesitan. Grazas á solidariedade dos nosos clientes, cada ano recollemos máis de 400.000 kg de roupa.

Proxectos sociais

En Vegalsa-Eroski destinamos máis de 2 millóns de euros ao ano ás nosas iniciativas de Responsabilidade Social Empresarial.

Todos os anos organizamos e colaboramos con diferentes campañas de axuda social e recadamos fondos para proxectos solidarios de diferentes oenegués e entidades sociais, como UNICEF, Cruz Vermella ou Baco de Alimentos, entre outras.

Campañas solidarias

A través das nosas campañas solidarias de recollida de alimentos: Operacións Quilo, Zampakilos Solidario e a Gran Recollida, durante o ano pasado puidemos doar máis de 200.000 kg de alimentos a diferentes oenegués e entidades sociais. Colaboramos tamén moi estreitamente con organizacións como A Cociña Económica, onde realizamos doazóns de alimentos para a preparación dun menú especial en días sinalados, como o Día do Pai, Día da Nai, Reyes, Santiago Apostol, Todos os Santos…

Desperdicio cero en todas as nosas tendas

En Vegalsa-Eroski implantamos un programa de Desperdicio Cero co que garantimos que nas nosas tendas non se refuga ningún alimento apto para o consumo. Grazas a este sistema, o ano pasado realizamos doazóns de produto por valor de máis de 600.000 €.

Conscientes da realidade social

Grazas ao noso traballo, estamos moi preto do día a día das persoas. Estar atentos aos conflitos e ás necesidades da sociedade na que vivimos e traballamos forma parte da filosofía da nosa compañía. Por iso colaboramos con máis de 35 oenegués e entidades sociais coas que participamos en diferentes campañas e iniciativas solidarias ao longo do ano.