Somos de aquí

Aposta polo producto local

Nas nosas tendas damos especial importancia aos alimentos frescos e de proximidade. Ademais, o 40% do produto que ofrecemos nas nosas seccións e lineais é local.

Da man dos nosos provedores

Traballamos con máis de 900 provedores locais e apoiamos ás pequenas e medianas empresas. Ademais, poñemos en valor os seus produtos grazas a nosa ampla rede de distribución.

Sempre frescos!

Os produtos locais, frescos e de tempada, conservan mellor o seu sabor e as súas propiedades nutritivas. Ademais, ao reducir as distancias de transporte, redúcese tamén o impacto ambiental.

Proxectos culturais

Participamos en infinidade de proxectos sociais, culturais e deportivos ligados ás comunidades onde estamos presentes, como o Resurrection  Fest de Viveiro, La Carrera da Muller ou a serie de televisión, Fariña, entre outros.

Unha empresa familiar e próxima

Somos a empresa líder da distribución alimentaria en Galicia grazas a un modelo de tenda próxima e atenta ás necesidades dos nosos clientes. Creamos emprego de calidade e contribuímos ao desenvolvemento social e económico da nosa contorna.

Garantía de calidade e orixe

Apoiamos aos produtores locais e tratamos de dar maior visibilidade aos produtos con Denominación de Orixe, un distintivo de calidade que marca a diferenza.

La innovación en Vegalsa